lunes, 30 de marzo de 2020

NUMBERS

Bos días! Esta entrada é para os nenos e nenas de 3°.  Son  dous xogos  para repasar os números ata 100. Tamén adxunto unha ficha por se alguén quere outro tipo de traballo, pero non é obligatorio. E se na casa tedes un Bingo podedes animarvos a facelo en inglés. 

Para o primeiro tedes que habilitar Flash.




Para descargar o archivo adxunto preme AQUÍ
Para descargar as SOLUCIÓNS

viernes, 27 de marzo de 2020

BANANA, BANANA, MEATBALL!

Bos días a tod@s. Déixovos esta canción súper animada para rematar a semana e movernos un pouquiño. Tratade de seguir o baile ata o final! Ademais,  propóñovos un pequeno reto: seríades capaces de cambiar o estribillo da canción por outras palabras en inglés ?  Animádevos!



jueves, 26 de marzo de 2020

GOODNIGHT MOON


Aquí tedes un conto para contarlle aos máis peques da casa antes de durmir.  Tróuxonolo Dani, a nosa auxiliar de conversa e lémolo na clase de 2º. Dani díxonos que este era un dos seus libros favoritos de nena. Os nenos e nenas de 2º seguro que lembran moitas das palabras do conto. O resto, animádevos a velo. Good night!




martes, 24 de marzo de 2020

TRIVIA QUIZ - XOGO DE TRIVIAL PARA 2º

Este Trivia é para os alumn@s de 2º pero calquera pode xogar.
- Tedes que clicar en cada trianguliño seguindo a orde (1,2,3...)

- Contestade ás preguntas de cada categoría de forma ORAL non tedes que escribir nada! 

-Para comprobar se a vosa resposta é  correcta pasade o cursor polo ollo debuxado ao final da tarxeta. 👁️


-Para pasar á seguinte pregunta dádelle a frecha branca da esquina. ↩

-Tedes que contestar a todas as preguntas de cada categoría para gañar un triánguliño.

-Para gañar tes conseguir todos os triángulos.

👁️

TRIVIA QUIZ - XOGO DE TRIVIAL PARA 1º

Aquí déixovos un Trivial para os nenos e nenas de 1º. A ver se podedes responder a todo correctamente. Ao mellor ten que axudarvos alguén maior. Decídelle aos vosos pais, nais, irmáns... calquera da familia pode xogar con vós. Tedes que responder a todas as preguntas de cada categoría e ir conseguindo todos os queixiños. 

-Segue a orde marcada polos números.

-Asegúrate que tes o volumen encendido.

- Non hai que escribir! DA A TÚA RESPOSTA ORALMENTE

-Para saber se a resposta é correcta pasa o cursor polo olliño debuxado ao final da tarxeta.

- Tes que contestar a todas as  preguntas de cada categoría.
Are you ready?

QUIZ TIME!! Xogo para 3º

Propóñovos un xogo de preguntas e resposta múltiple para repasar cousiñas que vimos no cole.   
Instruccións:
. Le ben a pregunta. Se hai debuxo fíxate nel.
. Preme na resposta que crees é a correcta. 


. Ao final do quizz verás o teu resultado.
Let's play!!





Animals

En 2° traballamos os animais da granxa. Tamén limos e representamos o conto "Os músicos de Bremen" . Deixo aquí un xogo para repasar os animais da granxa ( farm animals) e o conto "The musicians of Bremen".

THE MUSICIANS OF BREMEN


lunes, 23 de marzo de 2020

Action Song, let's dance!

  Con esta canción repasamos accións e movémonos un      pouquiño. Ponte a bailar!


domingo, 22 de marzo de 2020

DAYS OF THE WEEK - OS DÍAS DA SEMANA

Imos repasar os días da semana. Nest primeira entrada podedes facer o voso calendario. Escoita ben e escolle a data correcta. Despois enche os ocos do calendario como ti queiras.

Nesta segunda entrada podedes xogar un xogo de memoria para repasar os días.


jueves, 19 de marzo de 2020