jueves, 30 de abril de 2020

Propostas de actividades para infantil


Aínda que seguirei colgando cousas no blogue, pensei que sería máis cómodo para vós ter un documento único no que podedes consultar rápidamente temas básicos da clase de inglés, ver algúns dos vídeos, cancións e contos que traballamos na clase e dispoñer  dunha serie de pequenas actividades sinxelas para facer na casa. Ademais así tedes un acceso rápido aos recursos  para escoller á vosa mellor conveniencia. Premede na imaxe do voso curso para acceder ao documento. Unha vez aberto, deixade que carguen os vídeos. Para pasar de páxina premede nas frechiñas dos lados. Espero que vos axude!!






miércoles, 29 de abril de 2020

Days of the week ( 1° e 2°)

Imos repasar os días da semana. Para iso  imos  axudarnos primeiro de dous calendarios interactivos. Escoitade ben os audios. Deste xeito aproveitamos así para ver tamén os meses e o tempo. Se tedes a posibilidade facede estas  dúas primeiras entradas, son para facer facelo dende o móbil, tablet ou PC. Non hai que imprimir.
Despois podedes practicar as cancións. Por último,  póñovos as fotos das fichas que podedes facer esta semana e a súa explicación. 

                                                                        LET'S MAKE A CALENDAR


Songs




                                                                                  FICHAS
                                                 1. Sopa de letras-wordsearch
                                                  2. Corta e pega en orde - Cut and paste .
                                                   3. Xogo de memoria, se podes imprimir . Imprimide as páxinas, tes que ter
                                                   dous monstriños para cada día. Poñédeos ao revés, sobre a mesa e tratade                                                        de atopar os pares. 








martes, 28 de abril de 2020

Thanks!

Recibimos máis traballiños 😊 Grazas!!!

Grecia , 3°A
co seu reloxo para practicar as horas

E Uxía , 4°A mándanos este 
precioso retrato estilo
Arcimboldo




lunes, 27 de abril de 2020

CAN , CAN'T (2° y 3° )

  • Hoxe repasamos  o uso de CAN e CAN'T. Tedes nesta entrada un vídeo co diálogos curtos, unha canción e un par de fichas. As fichas non hai que imprimilas, fanse online no ordenador, tablet ou móvil. 


Ficha para 2° e 3°

Actions, una ficha interactiva de marmentia22
liveworksheets.com

Ficha para 3°
Can - Can-t, una ficha interactiva de MeliLiska
liveworksheets.com

E a canción que xa vimos na clase

jueves, 23 de abril de 2020

WOW, said the owl

Hoxe é o día do libro e para celebralo déixovos outro conto moi bonito sobre un pequeno búho que unha noite, en lugar de estar esperto como os demais búhos, queda durmido e esperta ao amencer.

Despois de escoitar a historia tedes outro vídeo con repaso do vocabulario e preguntas para que practiquedes.

Espero que vos guste. I hope you like it!


STORYBOOK


TALKING FLASHCARDS


OUR ARTISTS FROM 4°

Xa temos os primeiros retratos basados na obra de Arcimboldo. Grazas chic@s!!

BRUNO 4ºA

SARAY , 4ºB

LUCÍA 4ºA


miércoles, 22 de abril de 2020

Earth Day - O día da terra

Hoxe celébrase o día da Terra. Por iso déixovos este conto de Todd Parr , " I love the Earth" 
e un pequeno poster con ideas para coidar da Terra todos os días.





martes, 21 de abril de 2020

LET´S GO ON SAFARI- Infantil e 1º de Primaria

We all went on Safari

Este libro lévanos de viaxe a Kenia onde veremos distintos animais e repasaremos os números ata 10.
Despois de ver o conto tedes outro vídeo con flashcards e preguntas para que comprobedes canto lembrades do  vocabulario do conto. 
Moitas gracias a Dani, a nosa auxiliar de conversación, por lernos este libro tan bonito. Thanks Dani!

STORYBOOK


Talking flashcards




Infinite paper figure


Diego de 3°B mandóume esta foto súa cunha manualidade que fixo él e pareceume unha idea moi bonita,  así que compartimos convosco o vídeo para que a fagades tamén.









Kids work

Aquí tedes fotos  de traballos que fixeron algúns alumn@s de  3º durante o inicio desta corentena. Como son tan chulos ademais  das fotos que me enviaron póñovos tamén  os links por se vos animades a facer algo.
    1. Food. Unha das propostas  era escribir unha receta. Déixovos esta de Dani Martínez, súper rica! 
    OREO SMOOTHIE RECIPE. Premede na foto para ver a  receta completa.


    2.- Origami. 
Grecia 3°A


Dani 



   3. Easter activity. Aquí tedes o coelliño  que fixo Dani e deixo o link de como facelo.
  • Dani Martínez 3°A

3. E  para rematar Genoveva de 3°B e Joel de 5 anos mándannos estas fotos tan chulas. 

Go away, coronavirus!!



Thanks!!!!




sábado, 18 de abril de 2020

ARTS AND CRAFTS- CREA O TEU RETRATO ARCIMBOLDO

Esta semana imos traballar coa obra do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo.
O obxectivo final desta entrada é ...

 ELABORAR UN RETRATO AO ESTILO ARCIMBOLDO.

Para iso, e para que aprendamos un pouquiño más do artista, propóñovos unha serie de actividades. Ide pouco a pouco  xa que non se pode facer todo de golpe.
Senón tedes a  posibilidade de descargar nada podedes facer só o retrato nun folio en branco.
As miñas propostas son varias pero escollede o que máis vos guste e sobre todo, o que máis ps conveña en función dos vosos medios.

1.-  Este punto vai dirixido aos máis maiores ( 3º e 4º). Mirade o video e lede a fichiña breve con datos do artista . Tedes tamén unha actividade con preguntas máis abaixo. Clickade nas imaxes para acceder as fichas.



2.- Podedes xogar a ser Arcimboldo neste link para que fagades a vosa obra ONLINE. Así  practicades  antes de poñervos mans á obra no papel.

3.- Se queredes podedes imprimir esta plantilla para facer o voso propio retrato pero un folio en branco vale ben.


4.- Un XOGO DE MEMORIA . Aquí tedes as tarxetas por se  podedes imprimir  e queredes repasar as froitas e as verduras xogando. Para iso tedes que imprimir dúas veces as fichas, recortalas e poñelas cara abaixo nunha mesa. Tedes que atopar as parellas. Gaña o que máis tarxetas teña ao final.
Mandádeme o voso arte ao meu mail. Thanks!

jueves, 16 de abril de 2020

#STAYHOME quarantine activities (1º, 2º, 3º)

Boas a tod@s! Hoxe mándavos dúas propostas de actividades para os nenos de primaria  e unha canción.
A primeira é un BINGO. Podedes imprimilo pero se non podedes, simplemente lede as instruccións e copiade o texto da tarxeta de xogo nun folio calquera. 
Premede en BINGO para descargalo 
A segunda ficha ten que ver con rutinas durante a corentena. Fíxena máis enfocada aos nenos e nenas de 3º xa que traballamos as rutinas do día, pero poden facela os máis pequenos tamén. Premede aquí para as RUTINAS
E para os máis pequenos deixo unha canción moi chula.


martes, 14 de abril de 2020

QUIZ GAME - XOGO DE REPASO para 2º e 3º -

Xa estamos de volta chic@s, déixovos un novo xogo que fixen para os nenos e nenas  de 2º e 3º EP . É un mezcladillo de temas que xa traballamos na clase ( animais, comida, roupa ).
Asegurádevos de poñer o audio para escoitar ben todas as preguntas e as respostas.
Tedes que ir contestando a todas as preguntas para descubrir unha imaxe secreta.
Premede no emoji de aquí abaixo  para que vos leve ao xogo. Que desfrutedes!



miércoles, 1 de abril de 2020

COUNTING- ENTRADA PARA INFANTIL e 1°

Boas a tod@s, aquí tedes dous links para os nenos e nenas de infantil e 1º.
O primeiro link é un libriño online no que ides pasando as páxinas e contando os animais. Premede na imaxe e asegurádevos de que tedes o audio posto.


Xusto aquí abaixo póñovos o vídeo de "5 little ducks" unha canción que estabamos a traballar cos nen@s de 3 anos. Os de 4 e 5 xa a coñecen moi ben pero poden animarse a cantala igual. Por se queredes traballar doutro xeito  adxúntovos unhas fichas  para recortar, colorear e xogar.



Para imprimir os patiños para recortar e xogar con eles premer AQUÍ
Para a ficha de contar AQUÍ 
Para o laberinto