Mostrando entradas con la etiqueta 4º arts and crafts. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º arts and crafts. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

ATA PRONTO DANI!

A nosa auxiliar de conversación marchou esta semana para casa así que lle preparamos esta sorpresiña para agradecerlle o seu traballo no Eduardo Pondal e que se lembre de nós.
 Thank you Dani, we will miss you!! 




No caso de que non vos cargue subinno a Youtube, inda que perde un pouqiño de calidade na imaxe.

lunes, 25 de mayo de 2020

PAPER CORNER BOOKMARKS -MARCAPÁXINAS DE PAPEL

Esta semana imos facer un marcapáxinas de papel pero ides ser vós os que  decidades como decoralo. Deixo varios vídeos. 
No primeiro tedes todo o proceso para doblar o papel de maneira que quede cadrado e poida enganchar nunha esquina do libro. 
Despois, unha vez sabedes doblalo, mirade os vídeos que vos poño para escoller que animaliño facer. Ou se queredes podedes decoralo como vos queirades para crear a figura que máis vos guste. 
Podedes mandarme foto do voso traballo a teacherisabelnunez@gmail.com

1.- PARA DOBLAR O PAPEL.






Para facer distintos animais.






E déixovos fotos con exemplos para que vos inspiredes.








jueves, 21 de mayo de 2020

Nature collages

Dous bonitas composicións mais antes de rematar a semana. O luns que vén tocará outra actividade de plástica. 
                                                          By Alejandra, 3°A
                                                

                                                                 By Sara, 4B




jueves, 14 de mayo de 2020

NATURE COLLAGES

Thank you!!! 
A butterfly, by Valeria, 3°B



A peacock, by Lucía, 4°A

and her name ....



A unicorn, by Saray 4ºB



A flower, by Dani 3ºA

A butterfly, by Mateo , 4ªA




lunes, 11 de mayo de 2020

PLÁSTICA PARA 3° E 4° - NATURE COLLAGE

Aproveitando que xa podemos saír e disfrutar dos paseos primaverais, quero propoñervos unha actividade moi chula na que teredes que usar elementos da natureza e a vosa imaxinación!
Para axudarvos na realización da vosa obra de arte podedes seguir estes pasos: 

1. Pensade primeiro que vos gustaría crear( se queredes facer un león, un paxaro, unha nena, unha serea ou o que sexa!)

2. Buscade polo xardín, parque ou praia,  follas, herbiñas, paos, ramiñas, conchas ... o que máis vos guste para a vosa peza artística. Sempre  que sexa posible , collede as cousas do chan, para EVITAR ROMPER RAMAS , PRANTAS OU CORTAR FLORES. Se as colledes da planta directamente moito coidado de non estragala! Se non podedes ir buscar fóra, tedes a opción de usar cousas da casa como arroz, pasta, alubias...

3. Podedes facer a vosa obra sobre unha mesa, no chan, nun folio, cartolina... onde queirades. Podedes ir probando distintas disposicións dos elementos naturais ata atopar aquela figura ou composición que máis vos guste. 
Se tedes a opción de pegar( se usades elementos como herba, pétalos, follas...que son fáciles de pegar) pegade todo nun folio/ cartolina/cartón para poder gardar a vosa obra.
Mandádeme foto ou vídeo do voso arte a : teacherisabelnunez@gmail.com
Aínda que poño para 3° e 4° pode facelo calquera!!!

Déixovos estas fotos para que vos inspiredes, PERO a idea é que creedes algo novo:


Peacock made with leaves, flowers, petals and twigs 
Pavo real feito with follas, flores, pétalos e ramas.

Girl made with stones ( pedras), shells ( conchas), leaves ( follas)


Mermaids made withswith ( pedras) and shells ( conchas) 


Heart made with shells


Fairy made with petals and leaves.

Rainbow made with flowers, petals, leaves, fruit...

Animals



                                                                E outra idea preciosa que podedes facer a maiores, o voso nome con elementos da natureza:

                                                                                                                  VOCABULARIO 



sábado, 18 de abril de 2020

ARTS AND CRAFTS- CREA O TEU RETRATO ARCIMBOLDO

Esta semana imos traballar coa obra do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo.
O obxectivo final desta entrada é ...

 ELABORAR UN RETRATO AO ESTILO ARCIMBOLDO.

Para iso, e para que aprendamos un pouquiño más do artista, propóñovos unha serie de actividades. Ide pouco a pouco  xa que non se pode facer todo de golpe.
Senón tedes a  posibilidade de descargar nada podedes facer só o retrato nun folio en branco.
As miñas propostas son varias pero escollede o que máis vos guste e sobre todo, o que máis ps conveña en función dos vosos medios.

1.-  Este punto vai dirixido aos máis maiores ( 3º e 4º). Mirade o video e lede a fichiña breve con datos do artista . Tedes tamén unha actividade con preguntas máis abaixo. Clickade nas imaxes para acceder as fichas.



2.- Podedes xogar a ser Arcimboldo neste link para que fagades a vosa obra ONLINE. Así  practicades  antes de poñervos mans á obra no papel.

3.- Se queredes podedes imprimir esta plantilla para facer o voso propio retrato pero un folio en branco vale ben.


4.- Un XOGO DE MEMORIA . Aquí tedes as tarxetas por se  podedes imprimir  e queredes repasar as froitas e as verduras xogando. Para iso tedes que imprimir dúas veces as fichas, recortalas e poñelas cara abaixo nunha mesa. Tedes que atopar as parellas. Gaña o que máis tarxetas teña ao final.
Mandádeme o voso arte ao meu mail. Thanks!

viernes, 27 de marzo de 2020

BANANA, BANANA, MEATBALL!

Bos días a tod@s. Déixovos esta canción súper animada para rematar a semana e movernos un pouquiño. Tratade de seguir o baile ata o final! Ademais,  propóñovos un pequeno reto: seríades capaces de cambiar o estribillo da canción por outras palabras en inglés ?  Animádevos!