Mostrando entradas con la etiqueta games. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta games. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2020

XOGO PARA 2º E 3º

Neste xogo tedes que mirar a foto que vos aparece  durante uns segundos e memorizar todo o que vedes. Non podedes estar máis de 30 segundo así que, se podedes, poñédevos o reloxo. Cando esteades listos premede no cadriño "ARE YOU READY" e teredes dúas preguntas para cada imaxe. 
GOOD LUCK!

viernes, 5 de junio de 2020

BLUE HAT, GREEN HAT

Boas a tod@s, hoxe temos un conto  súper chulo para repasar as cores e aprender as prendas de roupa. Tamén mando unha canción, un xogo para facer no ordenador e unhas fichas interactivas para repasar o vocabulario do libro.

1.- VEMOS O CONTO






2.- ESCOITAMOS A CANCIÓN e tratamos de facer os xestos imaxinando que nos poñemos a roupa que vai nomeando.




3. XOGAMOS!
Este xogo é para vestir a Teddy. Tedes que premer na imaxe e iredes á páxina web. Unha vez alí, escollede o osiño, esto facédelo dándolle as frechiñas dos lados. Tedes que escoller un HAT ( sombreiro), a TOP ( unha partede arriba), A BOTTOM ( unha parte de abaixo) , SHOES (zapatos) e un accesorio. Ao final veredes como queda vestido o vodo TEDDY  e tamén podedes imprimilo. 


4. TRABALLAMOS. Por último facemos uns exercicios interactivos de escoitar e unir. 
Ao rematar de facelas dádelle a " Comprobar respuestas" para saber como o fixechedes.

E un pouquiño mais difícil para os de 5 anos. Premede no cadriño coas palabras en inglés para escoitar a pronunciación. PEGADE BEN A ESQUINA SUPERIOR ESQUERDA AO RECADRO PARA QUE ENGANCHE A IMAXE.

miércoles, 6 de mayo de 2020

NUMBERS (1º)

Bos días chic@s, esta semana repasamos os números.
1º Escoitamos, cantamos e bailamos a canción



2º Xogamos! Preme na imaxe de abaixo para ir ao xogo. Tedes as instruccións na pantalla de inicio.



3º Lemos!Ide pasando as páxinas e asegurádevos de ter o son posto.


4º Traballamos! Póñovos as imaxes das fichas que podedes facer agora. Lembrade, tédelas na carpeta de inglés de 1º.
1.- Facer as sumas e colorear segundo a lenda
2.- Unir
3.- Contar EN INGLÉS, en alto se pode ser, e seleccionar o número.





martes, 5 de mayo de 2020

ANIMAL QUIZ (3º)

  Este xogo ten que ver co conto que vos colguei onte, repasamos  animais e vocabulario preciso para  describir. Escoita ben  os audios e preme sobre a imaxe que creas que se corresponde coa descripción. Pensádeo ben  porque se vos equivocades tedes que volver a comezar! É moi fácil!




martes, 24 de marzo de 2020

TRIVIA QUIZ - XOGO DE TRIVIAL PARA 2º

Este Trivia é para os alumn@s de 2º pero calquera pode xogar.
- Tedes que clicar en cada trianguliño seguindo a orde (1,2,3...)

- Contestade ás preguntas de cada categoría de forma ORAL non tedes que escribir nada! 

-Para comprobar se a vosa resposta é  correcta pasade o cursor polo ollo debuxado ao final da tarxeta. 👁️


-Para pasar á seguinte pregunta dádelle a frecha branca da esquina. ↩

-Tedes que contestar a todas as preguntas de cada categoría para gañar un triánguliño.

-Para gañar tes conseguir todos os triángulos.

👁️

TRIVIA QUIZ - XOGO DE TRIVIAL PARA 1º

Aquí déixovos un Trivial para os nenos e nenas de 1º. A ver se podedes responder a todo correctamente. Ao mellor ten que axudarvos alguén maior. Decídelle aos vosos pais, nais, irmáns... calquera da familia pode xogar con vós. Tedes que responder a todas as preguntas de cada categoría e ir conseguindo todos os queixiños. 

-Segue a orde marcada polos números.

-Asegúrate que tes o volumen encendido.

- Non hai que escribir! DA A TÚA RESPOSTA ORALMENTE

-Para saber se a resposta é correcta pasa o cursor polo olliño debuxado ao final da tarxeta.

- Tes que contestar a todas as  preguntas de cada categoría.
Are you ready?

QUIZ TIME!! Xogo para 3º

Propóñovos un xogo de preguntas e resposta múltiple para repasar cousiñas que vimos no cole.   
Instruccións:
. Le ben a pregunta. Se hai debuxo fíxate nel.
. Preme na resposta que crees é a correcta. 


. Ao final do quizz verás o teu resultado.
Let's play!!