viernes, 29 de mayo de 2020

ATA PRONTO DANI!

A nosa auxiliar de conversación marchou esta semana para casa así que lle preparamos esta sorpresiña para agradecerlle o seu traballo no Eduardo Pondal e que se lembre de nós.
 Thank you Dani, we will miss you!! 




No caso de que non vos cargue subinno a Youtube, inda que perde un pouqiño de calidade na imaxe.

BROWN BEAR, BROWN BEAR

Boas a tod@s! Hoxe temos novo conto para infantil. 
Mirade a historía e escoitade a canción . Mais abaixo deixo recursos interactivos para repasar o vocabulario do libro. Bo fin de semana! 

Storybook



Song




Puzzle interactivo


Outros exercicios interactivos



Ficha para imprimir e colorear




jueves, 28 de mayo de 2020

Bookmarks

Laura, Sara, Inés Vega, Mario y Teo nos han mandado estos bookmarks súper chulos.
Laura
Sara

Inés

Mario y Teo


miércoles, 27 de mayo de 2020

EMOTIONS (1º E 2º)

Ola chic@s! esta semana repasamos as emocións e estados de ánimos.
1º Este vídeo poden velo tanto 1º como 2º, é moi sinxeliño, escoitade ben. 






2º esta canción está maís indicada para os mais peques



3. Xogamos aos xogo  das emocións.
Tedes as instrucións no documento do DRIVE. Deixo aquí a foto para que o localicedes.





4. E traballamos...
Para 1°... preme na opción correcta.



 Para  2º ... un traballiño cun pouquiño mais de nivel. Os de primeiro poden probar a facelas!
1. Preme sobre a palabra que se corresponde coa imaxe ou frase.
 


E outra ....


2. Xogo. Preme na imaxe. No xogo tes que arrastrar as palabras.




5. Para 1°e 2° . Se tedes a opción de imprimir ou debuxar na tablet ou móbil podedes facer a ficha que tedes no Drive.







Os primeros bookmarks! Sooo cute!

Que bonitos quedaron!!!😍😍😍
Alejandra 3°A
Joel 3°B
Saray 4°B
Xoel 4°B
Eva 4°A


lunes, 25 de mayo de 2020

PAPER CORNER BOOKMARKS -MARCAPÁXINAS DE PAPEL

Esta semana imos facer un marcapáxinas de papel pero ides ser vós os que  decidades como decoralo. Deixo varios vídeos. 
No primeiro tedes todo o proceso para doblar o papel de maneira que quede cadrado e poida enganchar nunha esquina do libro. 
Despois, unha vez sabedes doblalo, mirade os vídeos que vos poño para escoller que animaliño facer. Ou se queredes podedes decoralo como vos queirades para crear a figura que máis vos guste. 
Podedes mandarme foto do voso traballo a teacherisabelnunez@gmail.com

1.- PARA DOBLAR O PAPEL.






Para facer distintos animais.






E déixovos fotos con exemplos para que vos inspiredes.








Describing people (3º)


Esta semana traballaremos a descripción física de persoas. Esta entrada ten varias partes polo que podes organizalas para facelas en varios días. Trasbfacer todos os pasos tedes unha TAREFA FINAL que me enviaredes ao mail. Imos aló!

Comezaremos con adxectivos moi sinxelos e co uso do verbo TO BE, que xa traballamos. Despois repasaremomos o verbo ter/ verb TO HAVE ( para dicir, "Teño os ollos verdes, el ten o pelo negro, ela ten gafas...) Só traballaremos cos pronomes persoais:
              I (eu) , HE ( el) SHE (ela). 
Tamén aprenderemos vocabulario para describir para facer descripcións mais completas.
 
 
1.- Aprendemos adxectivos básicos.
                                           Escoita primeiro a pronunciación destes adxectivos. 

    Agora le ben a primeira ficha do seguinte arquivo e completa a segunda. Tes que arrastrar as palabras para completar as frases.


2.- Aprendemos a describir o cabelo e os ollos.
Mira este vídeo primeiro. Despois as fichas de apoio que vos poño  para axudarvos a aprender o vocabulario. A primeira e unha imaxe, a segunda e un audio dictionary.




Para describir o cabelo...


Para describir cabelo e ollos. Nesta ficha podes oir a pronunciaciación.Preme sobre a palabra.

E por último, para poder formar unha frase e describir a alguen temos que sabes usar , ademais do verbo TO BE o verbo TO HAVE. 

 Nesta foto tes o verbo to HAVE ( verbo TER). 
Tedes a forma longa ( have got) e a curta  ( ...´ve got)




3. Comprobamos o que sabemos coas fichas.
Ficha 1: Nesta ficha tes que ler a descripción e premer naquela que se corresponda coa imaxe. 



Ficha 2: Le as descripcións e une.



4.- Por último imos escoitar unha pequena historia a ver se entendemos todo.


TAREFA 
Collede unha foto vosa, pegádea nun folio ou , se a tedes no ordenador ou móvil, nun documento de word. Facede unha descripción vosa. Se alguén se anima pode facer un vídeo léndoa!
Como a descripción é sobre vós mesmos tedes que usar: 
I am...
I have...
Se estades na foto con alguén describídeo tamén. Lembra se é un chico HE, se é unha chica SHE, se é un animal IT. Eu fíxeno coa miña mascota. 
Mira o exemplo: 


Beautiful!

Xián mándonos esta preciosa composición con elementos da natureza. Grazas!

viernes, 22 de mayo de 2020

PETE THE CAT ( infantil)

Aquí tedes dúas aventuras de Pete the cat. Coa primeira repasaremos as cores. Relacionado con  este vídeo tedes un xogo de memoria e unha ficha interactiva, non hai que imprimir. 
Na segunda historia de Pete repasamos os números e as cores, tedes dúas actividades interactivas  e unha imaxe para atopar as diferenzas. 

PETE THE CAT , I LOVE MY WHITE SHOES!





                             Xogo de memoria. Preme na imaxe e atopa as parellas de   zapatos.


Ficha. Preme no icono do altavoz, escoita a cor e escolle o zapato correcto.A segunda parte da ficha está máis indicada para os nenos mais maiores (5anos) pero todos poden intentalo coa axuda do adulto.






PETE THE CAT AND HIS FOUR GROOVY BUTTONS





Conta e une. Esta ficha é para 4 e 5. Os mais pequeniños poden intentalo con axuda.

Pete buttons, una ficha interactiva de teacherisabelnunez

Arrastra e clasifica os botóns. Vai dicindo as cores en alto. Esta actividade poden facela todos.

Pete the cat colours, an interactive worksheet by nrojo83
liveworksheets.com


Atopa as 5 difer enzas.

jueves, 21 de mayo de 2020

Nature collages

Dous bonitas composicións mais antes de rematar a semana. O luns que vén tocará outra actividade de plástica. 
                                                          By Alejandra, 3°A
                                                

                                                                 By Sara, 4B




miércoles, 20 de mayo de 2020

Yoga for everyone ( todos os cursos)


Na clase de 2° solíamos facer unha pequena sesión de ioga despois do patio para relaxarnos e prepararnos  para o traballo. 
Pensei que tod@s @s nen@s podían beneficiarse de estes exercicios. É por iso que esta entrada vai dirixida a tod@s @s que queiran practicar ou comezar a facer algo de ioga e quizais, os maiores da casa tamén se animan. 

Póñovos un vídeo, de iniciación,  para practicar o saúdo ao sol e varias posturas máis.
 O primeiro é en inglés o segundo é o mesmo vídeo pero en castelá. Recoméndovos que o vexades primeiro en inglés porque é moi faciliño de seguir. Ese canle de Youtube ten máis vídeos dese tipo por se vos interesa. 

Sun salutation

Saúdo ao sol


E este é o documento que tedes no drive ( 1°,2° e3°):
E engado nas carpetas tarxetas coas posicións explicadas en castelá, son deste tipo:

Outro canle de Youtube interesante é Cosmic kids Yoga. Este é un vídeo moi chulo para os mais peques.















Handa's surprise (1° e 2°)

Este conto xa o vimos na clase. Tedes nas carpetas do Drive un pack de fichas que creei estes días para repasar os animais, as froitas e as expresións I Like, I don't like, I love , I hate.
Pasos: 
  • 1. Vemos o conto






  • 2. Xogamos a un xogo de memoria.Preme na imaxe para ir á web.

  • 3. Facemos as fichas. Son varias non as fagas todas de golpe!! Pouco a pouco.
Póñovos a imaxe do archivo que atoparedes no Drive.










lunes, 18 de mayo de 2020

Mais arte!!!

Chegáronme uns collages iiiiimpresionantes!!! Sodes unhas/ uns  artistas!
 Ah! E engado un Arcimboldo moi especial ao final! 

The cabin, by Brais 4°A

Bruno 4°A


Iria 4°A



A fairy, by Sara 4°A


A kitten, Sara 4°A


Grecia , 3A





Pronomes persoais e verbo TO BE (3°)

Imos comezar a semana cun pouquiño de gramática repasando os pronomes suxeito e o verbo to be ( ser /estar). Póñovos primeiro a teoría, unha imaxe para que vexades ben todos os pronomes e a súa correspondencia en galego e outra para repasar o verbo ser/ estar. 
En segundo lugar tedes dúas fichas interactivas. 
Por último as imaxes das fichas que podedes facer relacionadas co tema.
 Tédelas todas cargadas no Drive.

  • 1. Pronomes persoais

O verbo TO BE ( VERBO SER ou ESTAR)


2 Fichas interactivas

Personal Pronouns, una ficha interactiva de solastesiano


Am, is, are, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com

3. Fichas que tedes no Drive
-Para completar
-Para recortar e atopar a parella. Asegúrate de mezclalas ben antes.

- Para imprimir e recortar - Xogo de memoria. Con este xogo traballamos a afirmativa, tanto a forma longa do verbo coma a curta ( forma contraída). Recortamos, pegamos se posible sobre outro papel para que non se transparente, poñemos as tarxetas cara abaixo e intentamos atopar as parellas, por exemplo: se descubro ' He is ' teño que atopar a súa forma contraída 'He's.

E lembrade que xa tedes unha impresa, entre as fichas que mandei a casa:




viernes, 15 de mayo de 2020

OH DEAR ! ( infantil)

Boas! Hoxe imos repasar os animais da granxa. Para iso tedes aquí un conto, unha canción e varias actividades e xogos de distintos niveis. Bo fin de semana!
                                                                            
                                                                            1.- Conto



2.- Canción




3.- Fichas interactivas de unir.
Se as facedes no ordenador aparécevos un lapis. Se as facedes no móbil ou tablet simplemente debuxade co dedo unha liña entre os dous debuxos que queredes unir. 
Ao rematar, premedes no botón de "terminado" y escolledes a opción de " comprobar respostas"

1ª ficha. Tedes que unir a casiña co animal que vive nela.
2ª ficha. Une o animal co son que emite.


Farm animals, una ficha interactiva de isabelna
liveworksheets.com



4. Xogo interactivo
Preme sobre a imaxe para ir á páxina web. Tedes tres niveis pero moooi sinxelos.



5.- Atopa as diferenzas


5.- Recursos para imprimir
Premede na imaxe para acceder ás fichas.

Conta e colorea

Labirinto








jueves, 14 de mayo de 2020

NATURE COLLAGES

Thank you!!! 
A butterfly, by Valeria, 3°B



A peacock, by Lucía, 4°A

and her name ....



A unicorn, by Saray 4ºB



A flower, by Dani 3ºA

A butterfly, by Mateo , 4ªA