Benvid@s tod@s!
Neste blogue atoparedes recursos para traballar inglés na casa
para infantil e primaria.
Espero que vos sirva!!
Welcome everyone! Here you will find resources to use at home, for infant and primary level.
Hope it's helpful
Bos días, hoxe temos un conto para aprender a contar ata 10 e despois...ao revés! Espero que vos guste!
Ao rematar podes repasar os números aquí abaixo. Primero preme no simboliño do altavoz e despois arrastra o número que escoitaches a casiña correspondente.
Boas a tod@s, hoxe temos un conto súper chulo para repasar as cores e aprender as prendas de roupa. Tamén mando unha canción, un xogo para facer no ordenador e unhas fichas interactivas para repasar o vocabulario do libro.
1.- VEMOS O CONTO
2.- ESCOITAMOS A CANCIÓN e tratamos de facer os xestos imaxinando que nos poñemos a roupa que vai nomeando.
3. XOGAMOS!
Este xogo é para vestir a Teddy. Tedes que premer na imaxe e iredes á páxina web. Unha vez alí, escollede o osiño, esto facédelo dándolle as frechiñas dos lados. Tedes que escoller un HAT ( sombreiro), a TOP ( unha partede arriba), A BOTTOM ( unha parte de abaixo) , SHOES (zapatos) e un accesorio. Ao final veredes como queda vestido o vodo TEDDY e tamén podedes imprimilo.
4. TRABALLAMOS. Por último facemos uns exercicios interactivos de escoitar e unir.
Ao rematar de facelas dádelle a " Comprobar respuestas" para saber como o fixechedes.
E un pouquiño mais difícil para os de 5 anos. Premede no cadriño coas palabras en inglés para escoitar a pronunciación. PEGADE BEN A ESQUINA SUPERIOR ESQUERDA AO RECADRO PARA QUE ENGANCHE A IMAXE.
Aquí tedes dúas aventuras de Pete the cat. Coa primeira repasaremos as cores. Relacionado con este vídeo tedes un xogo de memoria e unha ficha interactiva, non hai que imprimir.
Na segunda historia de Pete repasamos os números e as cores, tedes dúas actividades interactivas e unha imaxe para atopar as diferenzas.
PETE THE CAT , I LOVE MY WHITE SHOES!
Xogo de memoria. Preme na imaxe e atopa as parellas de zapatos.
Ficha. Preme no icono do altavoz, escoita a cor e escolle o zapato correcto.A segunda parte da ficha está máis indicada para os nenos mais maiores (5anos) pero todos poden intentalo coa axuda do adulto.
Na clase de 2° solíamos facer unha pequena sesión de ioga despois do patio para relaxarnos e prepararnos para o traballo.
Pensei que tod@s @s nen@s podían beneficiarse de estes exercicios. É por iso que esta entrada vai dirixida a tod@s @s que queiran practicar ou comezar a facer algo de ioga e quizais, os maiores da casa tamén se animan.
Póñovos un vídeo, de iniciación, para practicar o saúdo ao sol e varias posturas máis.
O primeiro é en inglés o segundo é o mesmo vídeo pero en castelá. Recoméndovos que o vexades primeiro en inglés porque é moi faciliño de seguir. Ese canle de Youtube ten máis vídeos dese tipo por se vos interesa.
Sun salutation
Saúdo ao sol
E este é o documento que tedes no drive ( 1°,2° e3°):
E engado nas carpetas tarxetas coas posicións explicadas en castelá, son deste tipo:
Outro canle de Youtube interesante é Cosmic kids Yoga. Este é un vídeo moi chulo para os mais peques.
Boas! Hoxe imos repasar os animais da granxa. Para iso tedes aquí un conto, unha canción e varias actividades e xogos de distintos niveis. Bo fin de semana!
1.- Conto
2.- Canción
3.- Fichas interactivas de unir.
Se as facedes no ordenador aparécevos un lapis. Se as facedes no móbil ou tablet simplemente debuxade co dedo unha liña entre os dous debuxos que queredes unir.
Ao rematar, premedes no botón de "terminado" y escolledes a opción de " comprobar respostas"
1ª ficha. Tedes que unir a casiña co animal que vive nela.
Aínda que seguirei colgando cousas no blogue, pensei que sería máis cómodo para vós ter un documento único no que podedes consultar rápidamente temas básicos da clase de inglés, ver algúns dos vídeos, cancións e contos que traballamos na clase e dispoñer dunha serie de pequenas actividades sinxelas para facer na casa. Ademais así tedes un acceso rápido aos recursos para escoller á vosa mellor conveniencia. Premede na imaxe do voso curso para acceder ao documento. Unha vez aberto, deixade que carguen os vídeos. Para pasar de páxina premede nas frechiñas dos lados. Espero que vos axude!!
Boas a tod@s! Hoxe mándavos dúas propostas de actividades para os nenos de primaria e unha canción.
A primeira é un BINGO. Podedes imprimilo pero se non podedes, simplemente lede as instruccións e copiade o texto da tarxeta de xogo nun folio calquera. Premede en BINGOpara descargalo
A segunda ficha ten que ver con rutinas durante a corentena. Fíxena máis enfocada aos nenos e nenas de 3º xa que traballamos as rutinas do día, pero poden facela os máis pequenos tamén. Premede aquí para as RUTINAS
E para os máis pequenos deixo unha canción moi chula.
Bos días a tod@s. Déixovos esta canción súper animada para rematar a semana e movernos un pouquiño. Tratade de seguir o baile ata o final! Ademais, propóñovos un pequeno reto: seríades capaces de cambiar o estribillo da canción por outras palabras en inglés ? Animádevos!
Aquí tedes un conto para contarlle aos máis peques da casa antes de durmir. Tróuxonolo Dani, a nosa auxiliar de conversa e lémolo na clase de 2º. Dani díxonos que este era un dos seus libros favoritos de nena. Os nenos e nenas de 2º seguro que lembran moitas das palabras do conto. O resto, animádevos a velo. Good night!