Mostrando entradas con la etiqueta 3°. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3°. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

HAPPY HOLIDAYS!!!

Rematou o curso! Quero agradecer a todos o voso traballo dende casa  e desexo que desfrutes moitísimo destas vacacións. 
Déixovos, a modo de recoñecemento por todo o voso esforzo neste curso tan complicado, uns certificados que vos fago chegar de maneira virtual. Espero que vos gusten.
Ata setembro!! 😘❤


















lunes, 15 de junio de 2020

miércoles, 10 de junio de 2020

STORY TIME : ALICE IN WONDERLAND

Hoxe deixo uha lectura , adaptada para os mais pequenos, de "Alice in Wonderland" " Alicia no país das marabillas". Tamén tedes unha canción moi chula  e uns exercicios interactivos.

STORY


SONG . Let´s have a tea party!

Fichas interactivas






Alice, una ficha interactiva de teacherisabelnunez
liveworksheets.com

XOGOS PARA REPASAR AS COMIDAS E O VERBO LIKE

Para xogar premede na imaxe que vos levará ao xogo. Unha vez alí tirade o dado, clickade sobre él, escoita a palabra e seleccionade a resposta correcta.

 DIFICIL!!!








lunes, 8 de junio de 2020

XOGO PARA 2º E 3º

Neste xogo tedes que mirar a foto que vos aparece  durante uns segundos e memorizar todo o que vedes. Non podedes estar máis de 30 segundo así que, se podedes, poñédevos o reloxo. Cando esteades listos premede no cadriño "ARE YOU READY" e teredes dúas preguntas para cada imaxe. 
GOOD LUCK!

viernes, 29 de mayo de 2020

ATA PRONTO DANI!

A nosa auxiliar de conversación marchou esta semana para casa así que lle preparamos esta sorpresiña para agradecerlle o seu traballo no Eduardo Pondal e que se lembre de nós.
 Thank you Dani, we will miss you!! 




No caso de que non vos cargue subinno a Youtube, inda que perde un pouqiño de calidade na imaxe.

lunes, 25 de mayo de 2020

PAPER CORNER BOOKMARKS -MARCAPÁXINAS DE PAPEL

Esta semana imos facer un marcapáxinas de papel pero ides ser vós os que  decidades como decoralo. Deixo varios vídeos. 
No primeiro tedes todo o proceso para doblar o papel de maneira que quede cadrado e poida enganchar nunha esquina do libro. 
Despois, unha vez sabedes doblalo, mirade os vídeos que vos poño para escoller que animaliño facer. Ou se queredes podedes decoralo como vos queirades para crear a figura que máis vos guste. 
Podedes mandarme foto do voso traballo a teacherisabelnunez@gmail.com

1.- PARA DOBLAR O PAPEL.






Para facer distintos animais.






E déixovos fotos con exemplos para que vos inspiredes.








jueves, 21 de mayo de 2020

Nature collages

Dous bonitas composicións mais antes de rematar a semana. O luns que vén tocará outra actividade de plástica. 
                                                          By Alejandra, 3°A
                                                

                                                                 By Sara, 4B




miércoles, 20 de mayo de 2020

Yoga for everyone ( todos os cursos)


Na clase de 2° solíamos facer unha pequena sesión de ioga despois do patio para relaxarnos e prepararnos  para o traballo. 
Pensei que tod@s @s nen@s podían beneficiarse de estes exercicios. É por iso que esta entrada vai dirixida a tod@s @s que queiran practicar ou comezar a facer algo de ioga e quizais, os maiores da casa tamén se animan. 

Póñovos un vídeo, de iniciación,  para practicar o saúdo ao sol e varias posturas máis.
 O primeiro é en inglés o segundo é o mesmo vídeo pero en castelá. Recoméndovos que o vexades primeiro en inglés porque é moi faciliño de seguir. Ese canle de Youtube ten máis vídeos dese tipo por se vos interesa. 

Sun salutation

Saúdo ao sol


E este é o documento que tedes no drive ( 1°,2° e3°):
E engado nas carpetas tarxetas coas posicións explicadas en castelá, son deste tipo:

Outro canle de Youtube interesante é Cosmic kids Yoga. Este é un vídeo moi chulo para os mais peques.















lunes, 18 de mayo de 2020

Pronomes persoais e verbo TO BE (3°)

Imos comezar a semana cun pouquiño de gramática repasando os pronomes suxeito e o verbo to be ( ser /estar). Póñovos primeiro a teoría, unha imaxe para que vexades ben todos os pronomes e a súa correspondencia en galego e outra para repasar o verbo ser/ estar. 
En segundo lugar tedes dúas fichas interactivas. 
Por último as imaxes das fichas que podedes facer relacionadas co tema.
 Tédelas todas cargadas no Drive.

  • 1. Pronomes persoais

O verbo TO BE ( VERBO SER ou ESTAR)


2 Fichas interactivas

Personal Pronouns, una ficha interactiva de solastesiano


Am, is, are, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com

3. Fichas que tedes no Drive
-Para completar
-Para recortar e atopar a parella. Asegúrate de mezclalas ben antes.

- Para imprimir e recortar - Xogo de memoria. Con este xogo traballamos a afirmativa, tanto a forma longa do verbo coma a curta ( forma contraída). Recortamos, pegamos se posible sobre outro papel para que non se transparente, poñemos as tarxetas cara abaixo e intentamos atopar as parellas, por exemplo: se descubro ' He is ' teño que atopar a súa forma contraída 'He's.

E lembrade que xa tedes unha impresa, entre as fichas que mandei a casa:




jueves, 14 de mayo de 2020

NATURE COLLAGES

Thank you!!! 
A butterfly, by Valeria, 3°B



A peacock, by Lucía, 4°A

and her name ....



A unicorn, by Saray 4ºB



A flower, by Dani 3ºA

A butterfly, by Mateo , 4ªA




lunes, 11 de mayo de 2020

PLÁSTICA PARA 3° E 4° - NATURE COLLAGE

Aproveitando que xa podemos saír e disfrutar dos paseos primaverais, quero propoñervos unha actividade moi chula na que teredes que usar elementos da natureza e a vosa imaxinación!
Para axudarvos na realización da vosa obra de arte podedes seguir estes pasos: 

1. Pensade primeiro que vos gustaría crear( se queredes facer un león, un paxaro, unha nena, unha serea ou o que sexa!)

2. Buscade polo xardín, parque ou praia,  follas, herbiñas, paos, ramiñas, conchas ... o que máis vos guste para a vosa peza artística. Sempre  que sexa posible , collede as cousas do chan, para EVITAR ROMPER RAMAS , PRANTAS OU CORTAR FLORES. Se as colledes da planta directamente moito coidado de non estragala! Se non podedes ir buscar fóra, tedes a opción de usar cousas da casa como arroz, pasta, alubias...

3. Podedes facer a vosa obra sobre unha mesa, no chan, nun folio, cartolina... onde queirades. Podedes ir probando distintas disposicións dos elementos naturais ata atopar aquela figura ou composición que máis vos guste. 
Se tedes a opción de pegar( se usades elementos como herba, pétalos, follas...que son fáciles de pegar) pegade todo nun folio/ cartolina/cartón para poder gardar a vosa obra.
Mandádeme foto ou vídeo do voso arte a : teacherisabelnunez@gmail.com
Aínda que poño para 3° e 4° pode facelo calquera!!!

Déixovos estas fotos para que vos inspiredes, PERO a idea é que creedes algo novo:


Peacock made with leaves, flowers, petals and twigs 
Pavo real feito with follas, flores, pétalos e ramas.

Girl made with stones ( pedras), shells ( conchas), leaves ( follas)


Mermaids made withswith ( pedras) and shells ( conchas) 


Heart made with shells


Fairy made with petals and leaves.

Rainbow made with flowers, petals, leaves, fruit...

Animals



                                                                E outra idea preciosa que podedes facer a maiores, o voso nome con elementos da natureza:

                                                                                                                  VOCABULARIO 



martes, 5 de mayo de 2020

ANIMAL QUIZ (3º)

  Este xogo ten que ver co conto que vos colguei onte, repasamos  animais e vocabulario preciso para  describir. Escoita ben  os audios e preme sobre a imaxe que creas que se corresponde coa descripción. Pensádeo ben  porque se vos equivocades tedes que volver a comezar! É moi fácil!




miércoles, 22 de abril de 2020

Earth Day - O día da terra

Hoxe celébrase o día da Terra. Por iso déixovos este conto de Todd Parr , " I love the Earth" 
e un pequeno poster con ideas para coidar da Terra todos os días.