Aínda que seguirei colgando cousas no blogue, pensei que sería máis cómodo para vós ter un documento único no que podedes consultar rápidamente temas básicos da clase de inglés, ver algúns dos vídeos, cancións e contos que traballamos na clase e dispoñer dunha serie de pequenas actividades sinxelas para facer na casa. Ademais así tedes un acceso rápido aos recursos para escoller á vosa mellor conveniencia. Premede na imaxe do voso curso para acceder ao documento. Unha vez aberto, deixade que carguen os vídeos. Para pasar de páxina premede nas frechiñas dos lados. Espero que vos axude!!
Benvid@s tod@s! Neste blogue atoparedes recursos para traballar inglés na casa para infantil e primaria. Espero que vos sirva!! Welcome everyone! Here you will find resources to use at home, for infant and primary level. Hope it's helpful
jueves, 30 de abril de 2020
miércoles, 29 de abril de 2020
Days of the week ( 1° e 2°)
Imos repasar os días da semana. Para iso imos axudarnos primeiro de dous calendarios interactivos. Escoitade ben os audios. Deste xeito aproveitamos así para ver tamén os meses e o tempo. Se tedes a posibilidade facede estas dúas primeiras entradas, son para facer facelo dende o móbil, tablet ou PC. Non hai que imprimir.
Despois podedes practicar as cancións. Por último, póñovos as fotos das fichas que podedes facer esta semana e a súa explicación.
LET'S MAKE A CALENDAR
Songs
FICHAS
1. Sopa de letras-wordsearch
2. Corta e pega en orde - Cut and paste .
3. Xogo de memoria, se podes imprimir . Imprimide as páxinas, tes que ter
dous monstriños para cada día. Poñédeos ao revés, sobre a mesa e tratade de atopar os pares.
martes, 28 de abril de 2020
lunes, 27 de abril de 2020
CAN , CAN'T (2° y 3° )
- Hoxe repasamos o uso de CAN e CAN'T. Tedes nesta entrada un vídeo co diálogos curtos, unha canción e un par de fichas. As fichas non hai que imprimilas, fanse online no ordenador, tablet ou móvil.
Ficha para 2° e 3°

liveworksheets.com
Ficha para 3°

liveworksheets.com
E a canción que xa vimos na clase
jueves, 23 de abril de 2020
WOW, said the owl
Hoxe é o día do libro e para celebralo déixovos outro conto moi bonito sobre un pequeno búho que unha noite, en lugar de estar esperto como os demais búhos, queda durmido e esperta ao amencer.
Despois de escoitar a historia tedes outro vídeo con repaso do vocabulario e preguntas para que practiquedes.
Espero que vos guste. I hope you like it!
Despois de escoitar a historia tedes outro vídeo con repaso do vocabulario e preguntas para que practiquedes.
Espero que vos guste. I hope you like it!
STORYBOOK
TALKING FLASHCARDS
OUR ARTISTS FROM 4°
miércoles, 22 de abril de 2020
Earth Day - O día da terra
Hoxe celébrase o día da Terra. Por iso déixovos este conto de Todd Parr , " I love the Earth"
e un pequeno poster con ideas para coidar da Terra todos os días.
martes, 21 de abril de 2020
LET´S GO ON SAFARI- Infantil e 1º de Primaria
We all went on Safari
Este libro lévanos de viaxe a Kenia onde veremos distintos animais e repasaremos os números ata 10.
Despois de ver o conto tedes outro vídeo con flashcards e preguntas para que comprobedes canto lembrades do vocabulario do conto.
Moitas gracias a Dani, a nosa auxiliar de conversación, por lernos este libro tan bonito. Thanks Dani!
STORYBOOK
Talking flashcards
Infinite paper figure
Kids work
Aquí tedes fotos de traballos que fixeron algúns alumn@s de 3º durante o inicio desta corentena. Como son tan chulos ademais das fotos que me enviaron póñovos tamén os links por se vos animades a facer algo.
3. Easter activity. Aquí tedes o coelliño que fixo Dani e deixo o link de como facelo.
- 1. Food. Unha das propostas era escribir unha receta. Déixovos esta de Dani Martínez, súper rica!
- OREO SMOOTHIE RECIPE. Premede na foto para ver a receta completa.
- 2.- Origami.
![]() |
Grecia 3°A |
Dani
3. E para rematar Genoveva de 3°B e Joel de 5 anos mándannos estas fotos tan chulas.
Go away, coronavirus!!
Go away, coronavirus!!
Thanks!!!!
sábado, 18 de abril de 2020
ARTS AND CRAFTS- CREA O TEU RETRATO ARCIMBOLDO
Esta semana imos traballar coa obra do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo.
O obxectivo final desta entrada é ...
2.- Podedes xogar a ser Arcimboldo neste link para que fagades a vosa obra ONLINE. Así practicades antes de poñervos mans á obra no papel.
3.- Se queredes podedes imprimir esta plantilla para facer o voso propio retrato pero un folio en branco vale ben.
4.- Un XOGO DE MEMORIA . Aquí tedes as tarxetas por se podedes imprimir e queredes repasar as froitas e as verduras xogando. Para iso tedes que imprimir dúas veces as fichas, recortalas e poñelas cara abaixo nunha mesa. Tedes que atopar as parellas. Gaña o que máis tarxetas teña ao final.
ELABORAR UN RETRATO AO ESTILO ARCIMBOLDO.
Para iso, e para que aprendamos un pouquiño más do artista, propóñovos unha serie de actividades. Ide pouco a pouco xa que non se pode facer todo de golpe.
Senón tedes a posibilidade de descargar nada podedes facer só o retrato nun folio en branco.
As miñas propostas son varias pero escollede o que máis vos guste e sobre todo, o que máis ps conveña en función dos vosos medios.
1.- Este punto vai dirixido aos máis maiores ( 3º e 4º). Mirade o video e lede a fichiña breve con datos do artista . Tedes tamén unha actividade con preguntas máis abaixo. Clickade nas imaxes para acceder as fichas.
Senón tedes a posibilidade de descargar nada podedes facer só o retrato nun folio en branco.
As miñas propostas son varias pero escollede o que máis vos guste e sobre todo, o que máis ps conveña en función dos vosos medios.
1.- Este punto vai dirixido aos máis maiores ( 3º e 4º). Mirade o video e lede a fichiña breve con datos do artista . Tedes tamén unha actividade con preguntas máis abaixo. Clickade nas imaxes para acceder as fichas.
2.- Podedes xogar a ser Arcimboldo neste link para que fagades a vosa obra ONLINE. Así practicades antes de poñervos mans á obra no papel.
3.- Se queredes podedes imprimir esta plantilla para facer o voso propio retrato pero un folio en branco vale ben.
4.- Un XOGO DE MEMORIA . Aquí tedes as tarxetas por se podedes imprimir e queredes repasar as froitas e as verduras xogando. Para iso tedes que imprimir dúas veces as fichas, recortalas e poñelas cara abaixo nunha mesa. Tedes que atopar as parellas. Gaña o que máis tarxetas teña ao final.
Mandádeme o voso arte ao meu mail. Thanks!
jueves, 16 de abril de 2020
#STAYHOME quarantine activities (1º, 2º, 3º)
Boas a tod@s! Hoxe mándavos dúas propostas de actividades para os nenos de primaria e unha canción.
A primeira é un BINGO. Podedes imprimilo pero se non podedes, simplemente lede as instruccións e copiade o texto da tarxeta de xogo nun folio calquera.
Premede en BINGO para descargalo
Premede en BINGO para descargalo
A segunda ficha ten que ver con rutinas durante a corentena. Fíxena máis enfocada aos nenos e nenas de 3º xa que traballamos as rutinas do día, pero poden facela os máis pequenos tamén. Premede aquí para as RUTINAS
E para os máis pequenos deixo unha canción moi chula.
martes, 14 de abril de 2020
QUIZ GAME - XOGO DE REPASO para 2º e 3º -
Xa estamos de volta chic@s, déixovos un novo xogo que fixen para os nenos e nenas de 2º e 3º EP . É un mezcladillo de temas que xa traballamos na clase ( animais, comida, roupa ).
Asegurádevos de poñer o audio para escoitar ben todas as preguntas e as respostas.
Tedes que ir contestando a todas as preguntas para descubrir unha imaxe secreta.
Premede no emoji de aquí abaixo para que vos leve ao xogo. Que desfrutedes!

miércoles, 1 de abril de 2020
COUNTING- ENTRADA PARA INFANTIL e 1°
Boas a tod@s, aquí tedes dous links para os nenos e nenas de infantil e 1º.
O primeiro link é un libriño online no que ides pasando as páxinas e contando os animais. Premede na imaxe e asegurádevos de que tedes o audio posto.
Xusto aquí abaixo póñovos o vídeo de "5 little ducks" unha canción que estabamos a traballar cos nen@s de 3 anos. Os de 4 e 5 xa a coñecen moi ben pero poden animarse a cantala igual. Por se queredes traballar doutro xeito adxúntovos unhas fichas para recortar, colorear e xogar.

Para imprimir os patiños para recortar e xogar con eles premer AQUÍ
Para a ficha de contar AQUÍ
Para o laberinto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)