martes, 28 de abril de 2020

Thanks!

Recibimos máis traballiños 😊 Grazas!!!

Grecia , 3°A
co seu reloxo para practicar as horas

E Uxía , 4°A mándanos este 
precioso retrato estilo
Arcimboldo




lunes, 27 de abril de 2020

CAN , CAN'T (2° y 3° )

  • Hoxe repasamos  o uso de CAN e CAN'T. Tedes nesta entrada un vídeo co diálogos curtos, unha canción e un par de fichas. As fichas non hai que imprimilas, fanse online no ordenador, tablet ou móvil. 


Ficha para 2° e 3°

Actions, una ficha interactiva de marmentia22
liveworksheets.com

Ficha para 3°
Can - Can-t, una ficha interactiva de MeliLiska
liveworksheets.com

E a canción que xa vimos na clase

jueves, 23 de abril de 2020

WOW, said the owl

Hoxe é o día do libro e para celebralo déixovos outro conto moi bonito sobre un pequeno búho que unha noite, en lugar de estar esperto como os demais búhos, queda durmido e esperta ao amencer.

Despois de escoitar a historia tedes outro vídeo con repaso do vocabulario e preguntas para que practiquedes.

Espero que vos guste. I hope you like it!


STORYBOOK


TALKING FLASHCARDS


OUR ARTISTS FROM 4°

Xa temos os primeiros retratos basados na obra de Arcimboldo. Grazas chic@s!!

BRUNO 4ºA

SARAY , 4ºB

LUCÍA 4ºA


miércoles, 22 de abril de 2020

Earth Day - O día da terra

Hoxe celébrase o día da Terra. Por iso déixovos este conto de Todd Parr , " I love the Earth" 
e un pequeno poster con ideas para coidar da Terra todos os días.





martes, 21 de abril de 2020

LET´S GO ON SAFARI- Infantil e 1º de Primaria

We all went on Safari

Este libro lévanos de viaxe a Kenia onde veremos distintos animais e repasaremos os números ata 10.
Despois de ver o conto tedes outro vídeo con flashcards e preguntas para que comprobedes canto lembrades do  vocabulario do conto. 
Moitas gracias a Dani, a nosa auxiliar de conversación, por lernos este libro tan bonito. Thanks Dani!

STORYBOOK


Talking flashcards




Infinite paper figure


Diego de 3°B mandóume esta foto súa cunha manualidade que fixo él e pareceume unha idea moi bonita,  así que compartimos convosco o vídeo para que a fagades tamén.









Kids work

Aquí tedes fotos  de traballos que fixeron algúns alumn@s de  3º durante o inicio desta corentena. Como son tan chulos ademais  das fotos que me enviaron póñovos tamén  os links por se vos animades a facer algo.
    1. Food. Unha das propostas  era escribir unha receta. Déixovos esta de Dani Martínez, súper rica! 
    OREO SMOOTHIE RECIPE. Premede na foto para ver a  receta completa.


    2.- Origami. 
Grecia 3°A


Dani 



   3. Easter activity. Aquí tedes o coelliño  que fixo Dani e deixo o link de como facelo.
  • Dani Martínez 3°A

3. E  para rematar Genoveva de 3°B e Joel de 5 anos mándannos estas fotos tan chulas. 

Go away, coronavirus!!



Thanks!!!!




sábado, 18 de abril de 2020

ARTS AND CRAFTS- CREA O TEU RETRATO ARCIMBOLDO

Esta semana imos traballar coa obra do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo.
O obxectivo final desta entrada é ...

 ELABORAR UN RETRATO AO ESTILO ARCIMBOLDO.

Para iso, e para que aprendamos un pouquiño más do artista, propóñovos unha serie de actividades. Ide pouco a pouco  xa que non se pode facer todo de golpe.
Senón tedes a  posibilidade de descargar nada podedes facer só o retrato nun folio en branco.
As miñas propostas son varias pero escollede o que máis vos guste e sobre todo, o que máis ps conveña en función dos vosos medios.

1.-  Este punto vai dirixido aos máis maiores ( 3º e 4º). Mirade o video e lede a fichiña breve con datos do artista . Tedes tamén unha actividade con preguntas máis abaixo. Clickade nas imaxes para acceder as fichas.



2.- Podedes xogar a ser Arcimboldo neste link para que fagades a vosa obra ONLINE. Así  practicades  antes de poñervos mans á obra no papel.

3.- Se queredes podedes imprimir esta plantilla para facer o voso propio retrato pero un folio en branco vale ben.


4.- Un XOGO DE MEMORIA . Aquí tedes as tarxetas por se  podedes imprimir  e queredes repasar as froitas e as verduras xogando. Para iso tedes que imprimir dúas veces as fichas, recortalas e poñelas cara abaixo nunha mesa. Tedes que atopar as parellas. Gaña o que máis tarxetas teña ao final.
Mandádeme o voso arte ao meu mail. Thanks!

jueves, 16 de abril de 2020

#STAYHOME quarantine activities (1º, 2º, 3º)

Boas a tod@s! Hoxe mándavos dúas propostas de actividades para os nenos de primaria  e unha canción.
A primeira é un BINGO. Podedes imprimilo pero se non podedes, simplemente lede as instruccións e copiade o texto da tarxeta de xogo nun folio calquera. 
Premede en BINGO para descargalo 
A segunda ficha ten que ver con rutinas durante a corentena. Fíxena máis enfocada aos nenos e nenas de 3º xa que traballamos as rutinas do día, pero poden facela os máis pequenos tamén. Premede aquí para as RUTINAS
E para os máis pequenos deixo unha canción moi chula.


martes, 14 de abril de 2020

QUIZ GAME - XOGO DE REPASO para 2º e 3º -

Xa estamos de volta chic@s, déixovos un novo xogo que fixen para os nenos e nenas  de 2º e 3º EP . É un mezcladillo de temas que xa traballamos na clase ( animais, comida, roupa ).
Asegurádevos de poñer o audio para escoitar ben todas as preguntas e as respostas.
Tedes que ir contestando a todas as preguntas para descubrir unha imaxe secreta.
Premede no emoji de aquí abaixo  para que vos leve ao xogo. Que desfrutedes!



miércoles, 1 de abril de 2020

COUNTING- ENTRADA PARA INFANTIL e 1°

Boas a tod@s, aquí tedes dous links para os nenos e nenas de infantil e 1º.
O primeiro link é un libriño online no que ides pasando as páxinas e contando os animais. Premede na imaxe e asegurádevos de que tedes o audio posto.


Xusto aquí abaixo póñovos o vídeo de "5 little ducks" unha canción que estabamos a traballar cos nen@s de 3 anos. Os de 4 e 5 xa a coñecen moi ben pero poden animarse a cantala igual. Por se queredes traballar doutro xeito  adxúntovos unhas fichas  para recortar, colorear e xogar.



Para imprimir os patiños para recortar e xogar con eles premer AQUÍ
Para a ficha de contar AQUÍ 
Para o laberinto