Benvid@s tod@s! Neste blogue atoparedes recursos para traballar inglés na casa para infantil e primaria. Espero que vos sirva!! Welcome everyone! Here you will find resources to use at home, for infant and primary level. Hope it's helpful
miércoles, 17 de junio de 2020
Tarta de piña, por Diego Souto
Diego mandóunos unha receta deliciosa!!! Deixo aquí o documento ( premede na foto) para que a fagades na casa. Ten unha pinta espectacular, grazas Diego!!!
lunes, 15 de junio de 2020
SHARK IN THE PARK (1º, 2º, 3º)
Boas a todos!
Hoxe deixo este conto súper chulo para todos. Espero que vos guste!
viernes, 12 de junio de 2020
ONE TO TEN AND BACK AGAIN
Bos días, hoxe temos un conto para aprender a contar ata 10 e despois...ao revés! Espero que vos guste!
Ao rematar podes repasar os números aquí abaixo. Primero preme no simboliño do altavoz e despois arrastra o número que escoitaches a casiña correspondente.
Numbers 1-10 (listening), una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Por último, tedes unha canción para aprender e cantar nestes días de chuvia " Rain, rain, go away!"
miércoles, 10 de junio de 2020
STORY TIME : ALICE IN WONDERLAND
Hoxe deixo uha lectura , adaptada para os mais pequenos, de "Alice in Wonderland" " Alicia no país das marabillas". Tamén tedes unha canción moi chula e uns exercicios interactivos.
STORY
SONG . Let´s have a tea party!
Fichas interactivas
Characters Alice in Wonderland, una ficha interactiva de teacherisabelnunez
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Alice, una ficha interactiva de teacherisabelnunez
liveworksheets.com
liveworksheets.com
XOGOS PARA REPASAR AS COMIDAS E O VERBO LIKE
Para xogar premede na imaxe que vos levará ao xogo. Unha vez alí tirade o dado, clickade sobre él, escoita a palabra e seleccionade a resposta correcta.
DIFICIL!!!
martes, 9 de junio de 2020
lunes, 8 de junio de 2020
XOGO PARA 2º E 3º
Neste xogo tedes que mirar a foto que vos aparece durante uns segundos e memorizar todo o que vedes. Non podedes estar máis de 30 segundo así que, se podedes, poñédevos o reloxo. Cando esteades listos premede no cadriño "ARE YOU READY" e teredes dúas preguntas para cada imaxe.
GOOD LUCK!
viernes, 5 de junio de 2020
BLUE HAT, GREEN HAT
Boas a tod@s, hoxe temos un conto súper chulo para repasar as cores e aprender as prendas de roupa. Tamén mando unha canción, un xogo para facer no ordenador e unhas fichas interactivas para repasar o vocabulario do libro.
1.- VEMOS O CONTO
2.- ESCOITAMOS A CANCIÓN e tratamos de facer os xestos imaxinando que nos poñemos a roupa que vai nomeando.
3. XOGAMOS!
Este xogo é para vestir a Teddy. Tedes que premer na imaxe e iredes á páxina web. Unha vez alí, escollede o osiño, esto facédelo dándolle as frechiñas dos lados. Tedes que escoller un HAT ( sombreiro), a TOP ( unha partede arriba), A BOTTOM ( unha parte de abaixo) , SHOES (zapatos) e un accesorio. Ao final veredes como queda vestido o vodo TEDDY e tamén podedes imprimilo.
4. TRABALLAMOS. Por último facemos uns exercicios interactivos de escoitar e unir.
Ao rematar de facelas dádelle a " Comprobar respuestas" para saber como o fixechedes.
Blue hat green hat INFANTIL, una ficha interactiva de teacherisabelnunez
liveworksheets.com
E un pouquiño mais difícil para os de 5 anos. Premede no cadriño coas palabras en inglés para escoitar a pronunciación. PEGADE BEN A ESQUINA SUPERIOR ESQUERDA AO RECADRO PARA QUE ENGANCHE A IMAXE.liveworksheets.com
Blue hat green hat, una ficha interactiva de teacherisabelnunez
liveworksheets.com
liveworksheets.com
miércoles, 3 de junio de 2020
PLAY AND JUMP !!
Esta semana , a punto de rematar o curso, imos facer algo sinxelo e con movemento.
1.- Vemos o vídeo. Escoitamos atentamente e facemos as accións que nos di Steve. Póñovos tamén a canción de "Walking, walking" que xa coñecedes e fixemos na clase.
Song
2. Agora podedes xogar a un xogo : SIMON SAYS...
Poño aquí un vídeo para que vos axude. Lembrade que si di :'Simon says' facedes a acción se non o di non vos movedes
3. Se podedes , imprimide o dado con accións que tedes no DRIVE. Xogade con alguén. Gaña o primeiro en completar todas as accións. Tess que repetir a acción que vos saia 5 veces. Contade en inglés!
martes, 2 de junio de 2020
Recipe By Grecia
Hoxe cociña Grecia e mándanos esta receta para facer unha milanesa delicious!! Premede na imaxe pata acceder ao documento con instrucións paso a paso. Thank you Grecia!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















