Para axudarvos na realización da vosa obra de arte podedes seguir estes pasos:
1. Pensade primeiro que vos gustaría crear( se queredes facer un león, un paxaro, unha nena, unha serea ou o que sexa!)
2. Buscade polo xardín, parque ou praia, follas, herbiñas, paos, ramiñas, conchas ... o que máis vos guste para a vosa peza artística. Sempre que sexa posible , collede as cousas do chan, para EVITAR ROMPER RAMAS , PRANTAS OU CORTAR FLORES. Se as colledes da planta directamente moito coidado de non estragala! Se non podedes ir buscar fóra, tedes a opción de usar cousas da casa como arroz, pasta, alubias...
3. Podedes facer a vosa obra sobre unha mesa, no chan, nun folio, cartolina... onde queirades. Podedes ir probando distintas disposicións dos elementos naturais ata atopar aquela figura ou composición que máis vos guste.
Se tedes a opción de pegar( se usades elementos como herba, pétalos, follas...que son fáciles de pegar) pegade todo nun folio/ cartolina/cartón para poder gardar a vosa obra.
Mandádeme foto ou vídeo do voso arte a : teacherisabelnunez@gmail.com
Aínda que poño para 3° e 4° pode facelo calquera!!!
Mandádeme foto ou vídeo do voso arte a : teacherisabelnunez@gmail.com
Aínda que poño para 3° e 4° pode facelo calquera!!!
Déixovos estas fotos para que vos inspiredes, PERO a idea é que creedes algo novo:
Peacock made with leaves, flowers, petals and twigs
Pavo real feito with follas, flores, pétalos e ramas.

Girl made with stones ( pedras), shells ( conchas), leaves ( follas)
Mermaids made withswith ( pedras) and shells ( conchas)
Heart made with shells
Fairy made with petals and leaves.
Rainbow made with flowers, petals, leaves, fruit...
Animals
E outra idea preciosa que podedes facer a maiores, o voso nome con elementos da natureza:
VOCABULARIO
No hay comentarios:
Publicar un comentario