miércoles, 13 de mayo de 2020

MOVE YOUR BODY! (1º e 2º)

Bos días chic@s! Esta semana traballamos as partes do corpo e aproveitamos para ver tamén números, cores, accións... Imos aló!


1° Imos movernos un pouquiño. Escoitamos a canción e tratamos de facer o que nos di. Podedes escoitala tantas veces como queirades  ata que vexades que vos sae ben.


2.- Despois , con calma, repasamos as partes do corpo con este vídeo.Se podedes repetide en voz alta para quedarnos coa pronuncia de cada parte do corpo.





Os nenos e nenas de 2º poden ver tamén este vídeo a maiores , que xa ten un pouquiño máis de nivel:


ACTIVIDADES PARA 1º 
(tamén poden facelas os nenos de 2º)

1º. Entre as fotocopias que levastes á casa, había unha coas partes do corpo escritas ao lado da súa imaxe. Podedes xogar con ese xogo de dúas maneiras unha vez recortadas:

- Atopar a palabra e a imaxe e emparellar.
- Pegar o papeliño no corpo doutra persoa.
Se non as tedes fixen outra que xa está no Drive , é ista:



2º Xogamos a debuxar un monstruo. Para este xogo precisamos un dado e a seguinte ficha:
Se xogades sós, ide tirando o dado ata construir o monstruo. a ver que sae! Se podedes xogar con alguén mellor! Gaña o primeiro en rematar o seu monstro.



ACTIVIDADES PARA 2º
Os nenos de primeiro que queiran facelas poden!
1º Imos facer un par de exercicios en fichas interactivas (PREMEDE SOBRE AS IMAXES PARA QUE VOS LEVE Á FICHA)   : 





APRENDEMOS A EXPRESIÓN: I HAVE GOT: EU TEÑO...


E tedes outro xogo de unir aquí:


Por último,  podedes xogar tamén ao xogo do dado , a ser posible xogade con alguén e ide repasando en voz alta as partes do corpo.
" Roll the dice and make a monster" ( tedes o xogo no drive).

Se queredes podedes imprimir tamén o Matching game, que puxen para primeiro, xa o tedes no Drive.






lunes, 11 de mayo de 2020

PLÁSTICA PARA 3° E 4° - NATURE COLLAGE

Aproveitando que xa podemos saír e disfrutar dos paseos primaverais, quero propoñervos unha actividade moi chula na que teredes que usar elementos da natureza e a vosa imaxinación!
Para axudarvos na realización da vosa obra de arte podedes seguir estes pasos: 

1. Pensade primeiro que vos gustaría crear( se queredes facer un león, un paxaro, unha nena, unha serea ou o que sexa!)

2. Buscade polo xardín, parque ou praia,  follas, herbiñas, paos, ramiñas, conchas ... o que máis vos guste para a vosa peza artística. Sempre  que sexa posible , collede as cousas do chan, para EVITAR ROMPER RAMAS , PRANTAS OU CORTAR FLORES. Se as colledes da planta directamente moito coidado de non estragala! Se non podedes ir buscar fóra, tedes a opción de usar cousas da casa como arroz, pasta, alubias...

3. Podedes facer a vosa obra sobre unha mesa, no chan, nun folio, cartolina... onde queirades. Podedes ir probando distintas disposicións dos elementos naturais ata atopar aquela figura ou composición que máis vos guste. 
Se tedes a opción de pegar( se usades elementos como herba, pétalos, follas...que son fáciles de pegar) pegade todo nun folio/ cartolina/cartón para poder gardar a vosa obra.
Mandádeme foto ou vídeo do voso arte a : teacherisabelnunez@gmail.com
Aínda que poño para 3° e 4° pode facelo calquera!!!

Déixovos estas fotos para que vos inspiredes, PERO a idea é que creedes algo novo:


Peacock made with leaves, flowers, petals and twigs 
Pavo real feito with follas, flores, pétalos e ramas.

Girl made with stones ( pedras), shells ( conchas), leaves ( follas)


Mermaids made withswith ( pedras) and shells ( conchas) 


Heart made with shells


Fairy made with petals and leaves.

Rainbow made with flowers, petals, leaves, fruit...

Animals



                                                                E outra idea preciosa que podedes facer a maiores, o voso nome con elementos da natureza:

                                                                                                                  VOCABULARIO 



E máis Arcimboldos...




Grazas Xoel, de 4ºB

                                                                   

E Brais de 4ºA


TRABALLOS D@S NEN@S

Moitas gracias Samu e Alejandra!


miércoles, 6 de mayo de 2020

NUMBERS (1º)

Bos días chic@s, esta semana repasamos os números.
1º Escoitamos, cantamos e bailamos a canción



2º Xogamos! Preme na imaxe de abaixo para ir ao xogo. Tedes as instruccións na pantalla de inicio.



3º Lemos!Ide pasando as páxinas e asegurádevos de ter o son posto.


4º Traballamos! Póñovos as imaxes das fichas que podedes facer agora. Lembrade, tédelas na carpeta de inglés de 1º.
1.- Facer as sumas e colorear segundo a lenda
2.- Unir
3.- Contar EN INGLÉS, en alto se pode ser, e seleccionar o número.





martes, 5 de mayo de 2020

ANIMAL QUIZ (3º)

  Este xogo ten que ver co conto que vos colguei onte, repasamos  animais e vocabulario preciso para  describir. Escoita ben  os audios e preme sobre a imaxe que creas que se corresponde coa descripción. Pensádeo ben  porque se vos equivocades tedes que volver a comezar! É moi fácil!




GIRAFFES CAN´T DANCE (3°, pero os nen@s de 2° que lles apeteza poden ver os vídeos ;)


Esta semana temos un novo conto " Giraffes can´t dance" lido pola nosa auxiliar de conversa , Dani.  Inda que os recursos de esta entrada planifiqueinos  para os de 3°, os de 2° podedes ver o conto e o vídeo de vocabulario. Tamén podedes atrevervos a facer o xogo.
Primeiro, escoitade o conto e tras escoitar o conto tedes un vídeo con vocabulario relacionado para repasar as partes do corpo dos animais e  a descripción.
En segundo lugar, engadín dúas fichas, moi sinxeliñas nas que tedes que unir a descripción co animal correspondente. Lembrade que as facedes en liña e podedes enviarmas ao meu mail unha vez as rematedes ( da a opción ao final).
Por último, comentarvos que, entre as fotocopias que mandei a casa tedes unha para  escribir sobre
O VOSO ANIMAL FAVORITO. Podedes seguir o modelo que vos poño nesa ficha para facer o voso.


1.- CONTO/STORYBOOK " GIRAFFES CAN´T DANCE"



2.- VOCABULARIO/VOCABULARY


  3.FICHA ONLINE (1)




Animals descriptions, una ficha interactiva de maruli
liveworksheets.com
(2)
describing animals, una ficha interactiva de lourdesmanuel86
liveworksheets.com



4. Sobre a proposta de traballo,para traballar a descripción. Mándovos este exemplo cunha foto de Dani e unha xirafa para que vexades o altas que son!!! 

lunes, 4 de mayo de 2020

MÁIS D@S NOS@S NEN@S!!

Como me gusta recibir os vosos traballos! Moitas grazas chic@s!

 Aquí tedes un vídeo de Alejandro ( 1º) e Héctor ( 4 anos) para que repasedes un pouquiño as partes do corpo.


                                                     😃 E saen moi guapos nas fotos tamén!


Alejandra de 3ª A mándanos unha foto co seu reloxo para repasar as horas. Quedou xenial!

E Daniela de 1º e Iria de 4º A mandáronos tamén fotos doa seus traballos. Canto traballades!








jueves, 30 de abril de 2020

Propostas de actividades para infantil


Aínda que seguirei colgando cousas no blogue, pensei que sería máis cómodo para vós ter un documento único no que podedes consultar rápidamente temas básicos da clase de inglés, ver algúns dos vídeos, cancións e contos que traballamos na clase e dispoñer  dunha serie de pequenas actividades sinxelas para facer na casa. Ademais así tedes un acceso rápido aos recursos  para escoller á vosa mellor conveniencia. Premede na imaxe do voso curso para acceder ao documento. Unha vez aberto, deixade que carguen os vídeos. Para pasar de páxina premede nas frechiñas dos lados. Espero que vos axude!!






miércoles, 29 de abril de 2020

Days of the week ( 1° e 2°)

Imos repasar os días da semana. Para iso  imos  axudarnos primeiro de dous calendarios interactivos. Escoitade ben os audios. Deste xeito aproveitamos así para ver tamén os meses e o tempo. Se tedes a posibilidade facede estas  dúas primeiras entradas, son para facer facelo dende o móbil, tablet ou PC. Non hai que imprimir.
Despois podedes practicar as cancións. Por último,  póñovos as fotos das fichas que podedes facer esta semana e a súa explicación. 

                                                                        LET'S MAKE A CALENDAR


Songs




                                                                                  FICHAS
                                                 1. Sopa de letras-wordsearch
                                                  2. Corta e pega en orde - Cut and paste .
                                                   3. Xogo de memoria, se podes imprimir . Imprimide as páxinas, tes que ter
                                                   dous monstriños para cada día. Poñédeos ao revés, sobre a mesa e tratade                                                        de atopar os pares. 








martes, 28 de abril de 2020

Thanks!

Recibimos máis traballiños 😊 Grazas!!!

Grecia , 3°A
co seu reloxo para practicar as horas

E Uxía , 4°A mándanos este 
precioso retrato estilo
Arcimboldo




lunes, 27 de abril de 2020

CAN , CAN'T (2° y 3° )

  • Hoxe repasamos  o uso de CAN e CAN'T. Tedes nesta entrada un vídeo co diálogos curtos, unha canción e un par de fichas. As fichas non hai que imprimilas, fanse online no ordenador, tablet ou móvil. 


Ficha para 2° e 3°

Actions, una ficha interactiva de marmentia22
liveworksheets.com

Ficha para 3°
Can - Can-t, una ficha interactiva de MeliLiska
liveworksheets.com

E a canción que xa vimos na clase