miércoles, 13 de mayo de 2020

MOVE YOUR BODY! (1º e 2º)

Bos días chic@s! Esta semana traballamos as partes do corpo e aproveitamos para ver tamén números, cores, accións... Imos aló!


1° Imos movernos un pouquiño. Escoitamos a canción e tratamos de facer o que nos di. Podedes escoitala tantas veces como queirades  ata que vexades que vos sae ben.


2.- Despois , con calma, repasamos as partes do corpo con este vídeo.Se podedes repetide en voz alta para quedarnos coa pronuncia de cada parte do corpo.





Os nenos e nenas de 2º poden ver tamén este vídeo a maiores , que xa ten un pouquiño máis de nivel:


ACTIVIDADES PARA 1º 
(tamén poden facelas os nenos de 2º)

1º. Entre as fotocopias que levastes á casa, había unha coas partes do corpo escritas ao lado da súa imaxe. Podedes xogar con ese xogo de dúas maneiras unha vez recortadas:

- Atopar a palabra e a imaxe e emparellar.
- Pegar o papeliño no corpo doutra persoa.
Se non as tedes fixen outra que xa está no Drive , é ista:



2º Xogamos a debuxar un monstruo. Para este xogo precisamos un dado e a seguinte ficha:
Se xogades sós, ide tirando o dado ata construir o monstruo. a ver que sae! Se podedes xogar con alguén mellor! Gaña o primeiro en rematar o seu monstro.



ACTIVIDADES PARA 2º
Os nenos de primeiro que queiran facelas poden!
1º Imos facer un par de exercicios en fichas interactivas (PREMEDE SOBRE AS IMAXES PARA QUE VOS LEVE Á FICHA)   : 





APRENDEMOS A EXPRESIÓN: I HAVE GOT: EU TEÑO...


E tedes outro xogo de unir aquí:


Por último,  podedes xogar tamén ao xogo do dado , a ser posible xogade con alguén e ide repasando en voz alta as partes do corpo.
" Roll the dice and make a monster" ( tedes o xogo no drive).

Se queredes podedes imprimir tamén o Matching game, que puxen para primeiro, xa o tedes no Drive.






No hay comentarios:

Publicar un comentario