Esta semana traballaremos a descripción física de persoas. Esta entrada ten varias partes polo que podes organizalas para facelas en varios días. Trasbfacer todos os pasos tedes unha TAREFA FINAL que me enviaredes ao mail. Imos aló!
Comezaremos con adxectivos moi sinxelos e co uso do verbo TO BE, que xa traballamos. Despois repasaremomos o verbo ter/ verb TO HAVE ( para dicir, "Teño os ollos verdes, el ten o pelo negro, ela ten gafas...) Só traballaremos cos pronomes persoais:
I (eu) , HE ( el) SHE (ela).
Tamén aprenderemos vocabulario para describir para facer descripcións mais completas.
1.- Aprendemos adxectivos básicos.
Escoita primeiro a pronunciación destes adxectivos.
Describing People (Audio Dictionary), an interactive worksheet by Bilgeceingilizce
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Agora le ben a primeira ficha do seguinte arquivo e completa a segunda. Tes que arrastrar as palabras para completar as frases.
DESCRIPTIONS, una ficha interactiva de teacherisabelnunez
liveworksheets.com
liveworksheets.com
2.- Aprendemos a describir o cabelo e os ollos.
Mira este vídeo primeiro. Despois as fichas de apoio que vos poño para axudarvos a aprender o vocabulario. A primeira e unha imaxe, a segunda e un audio dictionary.
Para describir o cabelo...
Para describir cabelo e ollos. Nesta ficha podes oir a pronunciaciación.Preme sobre a palabra.
Describing People Hair Eyes(Audio Dictionary), an interactive worksheet by Bilgeceingilizce
liveworksheets.com
liveworksheets.com
E por último, para poder formar unha frase e describir a alguen temos que sabes usar , ademais do verbo TO BE o verbo TO HAVE.
Nesta foto tes o verbo to HAVE ( verbo TER).
Tedes a forma longa ( have got) e a curta ( ...´ve got)
3. Comprobamos o que sabemos coas fichas.
Ficha 1: Nesta ficha tes que ler a descripción e premer naquela que se corresponda coa imaxe.
Hair and eyes description, una ficha interactiva de manilamultilingual
Ficha 2: Le as descripcións e une.
Descriptions, una ficha interactiva de teacherisabelnunez
liveworksheets.com
liveworksheets.com
4.- Por último imos escoitar unha pequena historia a ver se entendemos todo.
TAREFA
Collede unha foto vosa, pegádea nun folio ou , se a tedes no ordenador ou móvil, nun documento de word. Facede unha descripción vosa. Se alguén se anima pode facer un vídeo léndoa!
Como a descripción é sobre vós mesmos tedes que usar:
I am...
I have...
Se estades na foto con alguén describídeo tamén. Lembra se é un chico HE, se é unha chica SHE, se é un animal IT. Eu fíxeno coa miña mascota.
Mira o exemplo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario